Sunday 05 de May de 2024

Gonzalo Trenor destaca o investimento de máis de 50.000€ na instalación dun ascensor no CEIP Santa Irene para mellorar a súa accesibilidade


O delegado da Xunta destacou que dende o Goberno Autonómico se está facendo un esforzo para garantir unhas instalacións adecuadas en toda a provincia

O novo delegado territorial da Coruña na Xunta, Gonzalo Trenor, visitou o CEIP Santa Irene, acompañado polo alcalde de Porto do Son, José Luis Oujo, para comprobar o resultado das obras da instalación dun ascensor para prestar servizo a toda a comunidade educativa e especialmente aos alumnos con mobilidade reducida. Esta actuación garante aos usuarios a accesibilidade a todas as plantas do centro.
O ascensor tivo un custo de máis de 50.000 e cubre o total das alturas do edificio- A esta inversión, xa rematada, se unen outras actuacións realizadas nos centros educativos neste municipio. Concretamente, desde o ano 2016 realizáronse actuacións no CEIP de Portosín, no CEIP Santa Irene, no CEIP de Xuño e no IES de Porto do Son por un importe de máis de 381.000 euros.
Trenor lembrou que neste momento está adxudicado e asinado o contrato dunha obra de melloras básicas de eficiencia enerxética en cubertas e outras obras accesorias no IES de Porto do Son que conta cun orzamento de case 250.000 euros. A actuación fundamental consiste na renovación completa da cuberta do edificio, que está moi deteriorada, pero tamén se inclúe o cambio dalgunhas xanelas das aulas que sofren temperaturas máis altas en días asollados co paso da persiana á cara exterior para evitar este problema, a substitución das tubaxes de cobre da instalación de fontanería de auga fría con constantes roturas e perdas, e a construción dunha nova marquesiña de conexión co pavillón polideportivo, estando a actual completamente corroída en función do agresivo ambiente mariño da zona.
O delegado da Xunta comprometeuse a seguir traballando co alcalde deste concello para atender as necesidades educativas e de infraestruturas para ofrecer una atención de calidade.